venres, 29 de xullo de 2011

Lisboa

O Rossio desde o Carmo
Voltamos porfín.
Estamos xa cada un no seu poleiro, e atrás quedan uns días maravillosos, Lisboa arriba e abaixo, en que poucas cousas nos restou ver.
Para a señorita Kaplan a cidade foi todo un descubrimento: achouna enorme, bonita e luminosa, así o dixo; para min foi máis ben o reencontro cunha vella amiga, algo cambiada pero basicamente a mesma, que nesta ocasión se mostrou afectuosa e accesible mentres lle percorríamos as rúas, as prazas e os monumentos á procura de segredos, se ben é certo que a plena luz e en horario infantil.
O que máis me sorprendeu e até desesperou foron as interminables bichas nos sitios neurálxicos do turismo, claro que só estivera en Xullo unha vez e hai xa demasiados anos: apañar o 28 para subir a Alfama e o Castelo requiriu unha estratexia comparable ao desembarco de Normandía; subir ao elevador de Santa Justa foi descartado unha e outra vez até o último día, cando os astros nos foron benignos e a bicha era aceptable; agardar baixo o sol para comprar as entradas nos Jerónimos supuxo unha resignación e unha resistencia á calor dignas dun santo mártir; por non falarmos do complicado ascenso, e aínda máis complicado descenso, pola estreitísima escada de caracol da Torre de Belém, en que as fileiras dos que subían e baixaban atoaban angustiosamente o conduto, provocando o intercambio inevitable e involuntario de todo tipo de cousas, desde saúdos e desculpas a botellas de auga perdidas e variadas mostras de ADN.
Por contra, e como era de supoñer, outros lugares non menos prodixiosos aínda que si máis ignorados polas guías turísticas estaban practicamente vacíos. Pasounos co Museo Nacional de Arte Antiga, coa Estrela, co Museu do Chiado e mesmo coa Fundação Gulbenkian, no xardín da cal, e despois da visita matinal ás coleccións, acabamos facendo a sesta, estomballados na herba, xunto a outras familias con nenos.

10 comentarios:

mfc dixo...

Tens que voltar numa época mais calma para veres tudo com mais prazer!
Um grande abraço.

zeltia dixo...

véxoo a vostede canso pero cheo de satisfacción.
para min un gusto telo de volta (para que lle vou mintir, estou moi necesitada de cariño)

mariajesusparadela dixo...

"Quen non viu Lisboa, non viu cousa boa"...vostedes sí.

peke dixo...

Alédome do regreso e de que o pasasen tan ben.

pinguim dixo...

Lisboa tem sempre encanto.

X dixo...

Benvido.

Jorge V. dixo...

Lisboa tem que estar xenial, o problema do Turismo é ese, que un non pode coñecer realmente a cidade, o seu modo de vida que é o interesante..

Unha aperta

Chousa da Alcandra dixo...

Fíxome rir o do ADN na Torre.
Alédame o disfrute e tamén o retorno ó poleiro.

Aldabra dixo...

Unha das cousas que mais me gusta de vostede, Sr. Kaplan é que está enchendo o corazón da Señorita Kaplan de recordos fermosos e cheos de luminosidade. Eso a acompañará sempre. Non sabe canto ben lle está a facer, bueno, creo que sí, que o sabe. Seméllame que é un home moi intelixente.

Dígolle esto porque hai moitos pais, que nas separacións de parella, optan por desaparecer da vida dos fillo e eso doe moito, tanto que as veces provoca danos irreparables.

biquiños e a seguir así.

La queue bleue dixo...

E, last but not least, eu o que fixem que inda nom fixera foi passar o Tejo num cacilheiro.
Jerónimos e a Gulbenkian, dos melhores para mim. Que tempos e que visitinhas.