sábado, 2 de xullo de 2011

Semestre lector

Estamos a primeiros de Xullo e toca balance.
Empezaremos polo das lecturas do semestre, aproveitando que o post estaba a medio cocer no arquivo do blog, e que esta mesma mañá, ao acordar, rematei o último da listaxe, Némesis, unha novela negra de lectura ardua probablemente a partes iguais pola complexidade da obra, a pobre tradución e que a miña cabeza estivo en demasiados sitios á vez estes días de final de curso.
Polo demais, non haberá queixa en canto á variedade: da literatura xuvenil recomendada pola señorita Kaplan á poesía, dos Indignados ás novelas policíacas, entre as que, como contei aquí, abondaron especialmente as nórdicas (suecas, norueguesas, islandesas), e o gran descubrimento: Alicia G. Bartlett e as deliciosas aventuras de Petra Delicado, esa inspectora un pouco lercha que me ten namorado, bendita ela.

1. Poesía última de amor e enfermidade, de Lois Pereiro.
2. Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano.
3. A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa.
4. Los clásicos también pecan (La vida íntima de los grandes músicos), de Fernando Argenta.
5. La vuelta al mundo de un forro polar rojo, de Wolfgang Korn.
6. Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala.
7. Indignádevos!, de Stéphane Hessel.
8.  Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke.
9. La senda oscura, de Asa Larsson.
10. Riña de gatos, de Eduardo Mendoza.
11. Serpientes en el Paraíso, de Alicia Giménez Bartlett.
12. Ritos de muerte, de Alicia G. Bartlett.
13. El hombre del balcón, de Maj Sjöwal e Per Wahlöö.
14. El hombre del lago, de Arnaldur Indridason.
15. El silencio de los claustros, de Alicia Giménez Bartlett.
16. Leonora, de Elena Poniatowska.
17. Las marismas, de Arnaldur Indridason.
18. Nido vacío, de Alicia Giménez Bartlett.
19. Némesis, de Jo Nesbo.

10 comentarios:

susana moo dixo...

O único que lin de todos eses é "Los clásicos también pecan" del cual hice reseña. O descubriches gracias a ela? Gustouche?

Aldabra dixo...

Pois non coincidín contigo en ningunha lectura.

18 títulos non está nada mal.

biquiños,

p.d.: si tiveras que recomendar tan só un, ¿cal sería?

mariajesusparadela dixo...

Pereiro era obligado ¿non sí?

susana moo dixo...

Veño para ver se contestaras á mña pregunta ( xa miro que non) e que na URL dos coments de Erotómana, deixas unha web moi rara, que penso que non é a túa ...

mfc dixo...

Pois.... não li nenhum!
Fica para a próxima!

zeltia dixo...

sáelle unha media de tres libros ao mes, sin duda para notable! :-)

eu lin pouco, poesía, picando de aquí e dalá (ultimamente whitman, e. dickinson, e da casa eva veiga e francisco x. fernández naval...
con lois pereiro e algúnha outra descuberta xa teño un romance, alí os teño, no meu cuarto.

A poesía é o que ten: que canto mais les un poemario que che gusta, máis volves a el.

A Petra Delicado eu coñecina na serie de televisión protagonizada por Ana Belén, lémbraste? tiña un coche amarelo que me encantaba a min entonces.

Aproveito para agradecerche as túas palabras no meu blog.
Nunca pensei que o incendio me fose afectar tanto, sabes? unha cousa é velos de lonxe, ou na tele, e outra que arrodee a casa onde naciches e os bosques por onde os camiños te levaban aos seus misterios. Agora todos ao descuberto.

Falabarato foi alí coa cámara ao dia seguinte, e rodou un video moi fermoso, que recolle a imaxe da desolación. Pódelo ver no meu blog ou no del, e en youtube.
Tes a opción de HD cunha calidade óptima de visión.

[estoullo contando a todo o mundo, porque sinto que é coma un homenaxe, ó bosque, á xente, aos antepasados que o conservaran]

zeltia dixo...

o vídeo

peke dixo...

Coincidimos en Asa Larsson, Eduardo Mendoza e Alicia Giménez Bartlett, de que son unha fan e lin todas as de Petra e Fermín. Debería empezar pola primeira e seguir coas outras por orde e vería a evolución dos personaxes moito mellor.

Concha López Fernández dixo...

Xa vexo que é vostede unha persoa que le moito. Tomarei nota das recomendacións...

Un saúdo.

Noemí Pastor dixo...

Bienvenido al club de los mentecatos con Petra Delicado. A ver cuándo sale la novela nueva. ¿Con Grafton ya te has enganchado? Biquiños.