mércores, 6 de xullo de 2011

E agora, o cine

Hainas en cor e en branco e negro; infantís, xuvenís e para adultos; boas, regulares, menos boas e até algunha infumable (pero non tanto como para sentir vergoña de poñela aquí despois de sufrila máis ou menos en silencio, como as hemorroides); vistas por primeira vez e requetevistas; documentais e de ficción; históricas e futuristas; visionadas en soedade ou acompañado; na tele, no cine ou ben pirateadas; dobradas ou en V.O. con subtítulos.
A seguir, a tradicional listaxe coas películas vistas o último semestre.
video

5 comentarios:

zeltia dixo...

Louis de Funès!

cielos! nin me lembraba de que existira! cheguei a detestalo.

Veu vostede moitas películas, leu moitos libros, eu non sei como fai. A min váiseme o tempo e ao final do dia digo: pero se non fixen nada, e teño varias películas recomendadas postas na parrilla esperando a estomballarme no sofá.

Das que vostede nos amosa as carátulas, algúns títulos inesquecibles, outros non me soan de nada

susana moo dixo...

Caramba, cuan variopintos estilos!!

mfc dixo...

Vi o "Biutiful", O Discurso do Rei" e "Los lunes al sol".

JorgeCimadeVila dixo...

Aínda viu vostede unha boa cantidade de películas :D Eu ultimamente ando máis devorando cantidades inxentes de series, pero terei que parar que é adictivo...

Un saúdo

Magdalena Malungo dixo...

jasús, jasús, jasús... Pero de onde saca vostede o tempo? Meravilloso! Podería ter outros blogs de especializado en libros e cine... Envexa e admiración! Bicos