venres, 8 de xullo de 2011

Codex Calixtinus

A cousa empezou coma unha novela de Petra Delicado: a noticia foi subindo nos informativos da radio até abrilos, e pouco a pouco empezaron as comparacións absurdas do códice desaparecido co Pórtico da Gloria e os cadros de Velázquez, e logo os detalles: cinco cámaras vixiaban a estancia e ningunha gravaba o manuscrito; as chaves estaban postas na porta da cámara de seguridade; o roubo descubriuse o Martes pero a última vez que se viu o códice foi o Xoves ou, talvez, o Venres pasado.
O señor deán conta que o buscaron por toda a Catedral, como se fose normal que un volume medieval de pergamiño avitelado saíse motu proprio a dar un garbeo polas naves da Basílica Metropolitana; ten aínda o susto ou a sorpresa metidos no corpo, e cando tenta xustificar o inxustificable, afirmando que durante oito séculos a igrexa soubo gardar o códice, parece que todo o mundo o escoita en realidade dicir que era o azar quen o gardaba.  

8 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Calquera día saberase cánto e quén facilitou.
E non haberá responsabilidade algunha.
Perdeuse.

zeltia dixo...

Fixéchesme rir mencionando a posibilidade de que o libro saíse el soíño dar unha volta.
É bastante absurdo, pero é o que se fai: cando algo non está no seu sitio, sexa o que sexa, xurden as teorías maís peregrinas, todo antes de asumir que o perdiches ou que cho roubaron por descoido teu. E iso seguro que o farían ate co partenón se desaparecese do medio da acrópolis de atenas, mirarían a ver se rodou colina abaixo, [quizais un refacho de vento]
... pero poderían telo roubado de calquera sitio, non é por defender aos curas. Xa ves que se rouban obras valiosísimas de museos cheos de medidas de seguridade ate os dentes.
[claro que estes non dimiten :-)
debían tomar exemplo da biblioteca nacional cando lle roubaron os mapas aqueles

Raposo dixo...

Por razóns que se me esKaplan hai veces que non podo deixar comentarios nin acceder a eles. Un misterio máis. Hoxe parece (si a cousa non se torce) que si vai poder ser.
Ben, esta historia daba para unha novela caralluda, con misterios, conspiracións, sociedades secretas, prostitución, alta política, Prisciliano e se me apuran ata o fin do mundo como telón de fondo. A ver en que para a cousa.

Peke dixo...

Din que foi un roubo por encarga dun caprichoso, aínda que están abertas varias vías de investigación. O Home de Maryland opina que non sabían gardar as cousas valiosas. Eu non sei que pensar.

paideleo dixo...

Sempre nos quedarán os facsímiles e a tradución galega do ano pasado.

mfc dixo...

Há coisas que não se entendem... nem têm explicação!

Concha López Fernández dixo...

Andaredes e cousas veredes. O colmo do absurdo. Todo ben gardado e custodiado, pero as chaves na porta. Coma cando rouban un coche que quedou coas chaves postas e aceso, mentres o dono tomaba un café.
En fin. Que país!

pinguim dixo...

Venho retribuir a tua amável visita e encanta-me encontrar um blog de um galego, já que adoro a Galiza.
Sobre este assunto, e embora por ora inexplicável, o pior é mesmo a sua desaparição, uma perda imensa para a Galiza, para a Espanha e para o mundo.