mércores, 25 de maio de 2011

70 anos e un día

Os que cumpre Bob Dylan, poeta, pintor e músico, alma libre onde as haxa. Andei buscando por aí algo menos obvio, pero acabei escollendo o Blowing in the wind nesta gravación simple e sen artificios, como era habitual na tele da época: aquí non atoparán colorantes, conservantes, edulcorantes ou antioxidantes, e maldita a falta que fan.
Escoitando esta voz, desde logo non hai tristeza que dure.


video



How many roads must a man walk downCantas estradas debe percorrer un home
Before you call him a man?Antes de que o chames home?
How many seas must a white dove sailCantos mares debe sucar unha pomba
Before she sleeps in the sand?Antes de durmir na area?
How many times must the cannonballs flyCantas veces deben voar as balas de cañón
Before they are forever banned?Antes de seren prohibidas para sempre?


The answer, my friend, is blowing in the windA resposta, meu amigo, está a asubiar no vento
The answer is blowing in the windA resposta está a asubiar no vento


How many years can a mountain existCantos anos pode existir una montaña
Before it is washed to the sea?Antes de ser varrida polo mar?
How many years can some people existCantos anos pode un pobo existir
Before they're allowed to be free?Antes de se lle permitir ser libre?
How many times can a man turn his headCantas veces pode un home xirar a cabeza
And pretend that he just doesn't see?E finxir que simplemente non ve?

The answer, my friend, is blowing in the windA resposta, meu amigo, está a asubiar no vento
The answer is blowing in the windA resposta está a asubiar no vento


How many times must a man look upCantas veces debe un home mirar enriba
Before he can see the sky?Antes de poder ver o ceo?
How many ears must one man haveCantas orellas debe ter un home
Before he can hear people cry?Antes de poder oír chorar a xente?
How many deaths will it take till he knowsCantas mortes lle cumprirán para saber
That too many people have died?Que morreu demasiada xente?


The answer, my friend, is blowing in the windA resposta, meu amigo, está a asubiar no vento
The answer is blowing in the wind A resposta está a asubiar no vento

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Esta é unha das bandas sonoras da Chousa xuvenil. Cando os castiñeiros tiña uns cantos círculos menos dentro dos seus toros...Gustoume rememorar. Grazas.

xenevra dixo...

Aiiiiiiissssssss, como o amei!!!!
e canto amei coa súa música de fondo.
Un pracer recuperalo.

zeltia dixo...

Que noviño!
De pronto fíxoseme terrible imaxinar un mundo sin Bob Dylan...

Anónimo dixo...

cando escoito esta canción sempre me sacude unha cousiña por dentro, como un calafrío...

agora mismo estou escoitando a Eric Clapton, outro dos grandes (penso eu).

biquiños e bó día, Sr. Kaplan.
Aldabra

Bolboreteira dixo...

Grande Bob, un mito vivinte da música.Te cancións que son auténticas xoias.
bicos!

peke dixo...

Nunca fun moi fan del, pero alégrame que lles guste tanto.

Xan dixo...

Que casualidade escollemos os dous a mesma canción. Gústame a definición que escolleu para definilo "Alma libre"

mfc dixo...

A música dele é eterna!
Ahhh... e as letras?! magníficas!

paideleo dixo...

Grandísima canción !.

Concha López Fernández dixo...

Hai anos un amigo regaloume un CD de Dylan e hai días que escoito unha e outra vez esta canción. Será que me lembra outros tempos...