Páxinas

sábado, 16 de outubro de 2010

Dexter

O meu novo acompañante das tardes chámase Morgan, Dexter Morgan; é psicópata forense e ten unha voz que, tras catro capítulos, aínda me segue a facer nós no estómago.
A primeira dificultade, pasar páxina, está vencida: había que esquecer a David Fisher, gay, brandiño e pusilánime, e afrontar este novo cabaleiro, frío, asexual e sen sentimentos.
A segunda dificultade, técnica, non ten remedio: como vexo a serie on line e non teño pensado gastar un euro, acabáronse a sobrealimentación, o abarrote de episodios, as madrugadas na butaca.

12 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Algún día unirán a posible realidade dun gay sicópata con mirada recia e asasina. Tanto, que xa non saberás moi ben se che vai clavar unha estaca no peito ou...joder, que idea para un guión!

Sun Iou Miou dixo...

E eu digo, Kaplan, de onde saca o tempo? Ten unha dobre vida?

Bolboreteira dixo...

Non é serie para min, vin algo e habia demasiado sangue, serie descartada
Saúdoss

xenevra dixo...

Pois xa me intrigou esta serie. Certamente póñena moi ben no enlace. Tentarei vela, aínda que no meu caso non ha ser fácil (nin vexo tv, nin son quen de sentar ante o ordenador e estar queda); espero non quedar só no desexo e engancharme a ela. Xa teño ganas de ter un vicio televisivo. Iso sí, creo que terei que perderme a voz, porque mirarei de vale dobrada :((

mariajesusparadela dixo...

Eu xa só vexo parvadas. Os asasinos danme grima.

zeltia dixo...

Esa dificultad de pasar do Fisher, a este psicópata tamén me costou a min...
pero enseguida me preguntei como raio fan para que o públique termine sentindo simpatía por un asasino en serie!
-os nervios que eu teño pasado cada vez que están a punto de cachalo!-

Cando eu a vía só tiñan feitas 3 temporadas. Asi que tiven que parar. Despois esquecino.

Eu vino on line tamén, e sin embargo collín empachos, porque cando a intriga me pillaba moito, descargaba un par de capítulos
(en series yonkis)

así e todo... coma os fisher, nada.

Raíz Verde dixo...

Por gastar um peso nom tem que preocupar-se, pode ve-as on-line e gratis sem limitaçom algumha por ZSHARE, neste blogue soem colga-la entre outras habitualmente para ver online e sem pagar.

http://laguaridadelmarciano.blogspot.com/

X dixo...

Non sei se probar, aínda teño recente o último enganche baixo terra :)

zeltia dixo...

Tomo nota do enlace para as series, Foma Fomitch, que non o coñecía, eu normalmente vexo en megavídeo a través de series yonkis, pero ten limitación de tempo (ainda que hai alguns trucos para sortear o corte)

xa que estou aqui, voulle dicir, Kaplan,
que o mozo está mais atractivo coma asasino psicópata ca como embalsamador blancucho, tan solemne él. (conste que lle tiña moito cariño)
-se se pode dicir algo así-

Ra dixo...

Me pasó al revés: tuve que pasar del sanguinario al funerario, o al contrario... se ve que ya los he disuelto :) Acabo de retomar la 4ª temporada, a ver qué tal :)

Sigrid dixo...

A pesares da miña devoción pola familia Fisher, Dexter cautivoume dende o principio. Como di Zeltia, mimá, o mal que o paso cando penso que o van coller...tamén custoume moito ver como o frívolo e neocon Richard, o mozo de Samantha en "Sex in the city" era o pai catequizador de fillo no arte da "xustiza pola man". Pouco despois paseime a "Mad Men" e as súas soterradas traxedias.

Aldabra dixo...

non me digas que Dexter é David Fisher, casi non o podo crer... vaia cambio de papel, mimadriña... ¡que serie tan boa a 2 metros baixo terra, como me mola.

biquiños,