xoves, 23 de setembro de 2010

Premio



Que ben senta recibir un premio!
Paideleo, coa súa habitual amabilidade, acordou concederlle a este blogo o premio "Vale a pena ficar de olho nesse blog".
Despois de lle agradecer o premio e de confesarlle que tamén eu apeto coa honra que me fai, paso a distiguir outros dez blogos que, ao meu criterio, tamén o merezan, e eses son: Estasme falando a min?, Paradela de Coles, Selva de Esmelle, Erotómana, Cómputo de fantasmas, Congo y yo, Isto non é un cabaré!, Xenevra, Boquitas pintadas e Chousa de Alcandra.
Hala hala, parabéns aos galardoados.

13 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Señor Kaplan.: moitísimo lle agradezo a distinción, pero vostede ben sabe que eu non son de premios nen agasallos. O que agradezo sempre e a súa permanente presenza e compaña.

susana moo dixo...

Pois collo o premio encantada e marcho á de zeltia a festexalo debaixo da viña ;) ... cos gaiteiros ;)

Grazas

Chousa da Alcandra dixo...

Procurarei levar todos os botóns axeitadamente abotoados na celebración que imos facer...
Agradézolle moitísimo a distinción.
(Tanto, que me dan ganas de poñerlle garda o sábado á mañán para os rapaces con necesidades de reforzo educativo!)

Ra dixo...

Pues es un honor, viniendo de usted, que lo sepa :)

Zeltia dixo...

Recibido o premio,dei cumprida noticia do galardón no meu blog, e veño agradecerlle o detalle.

[convoquei aos medios para fotos e demais, pero parece que andan todos espallados nos diferentes blogues premiados. Deixaremos os flashes para outra hora]

Noemí Pastor dixo...

Gracias, señor Kaplan, público y autoridades, a quien tanto debo, por este premio que no merezco. Se lo dedico a mi madre, que tanto me ha aguantado en esta vida y que no me lee porque es una perona cuerda y le importan un bledo mis tonterías.

X dixo...

Non se apete que o ten moi merecido.
Moitas grazas pola consideración.

Bolboreteira dixo...

Parabéns! penso que é un premio ben merecido.Algúns dos que escolleches tamén me parecen merecedores.
Saudiños

zeltia dixo...

Bolboreteira con ese xuízo, mecaghonrós!, espero estar eu entre os que lle parece ben!
:D
Un saúdo, que sempre a vexo bolboroteando por aí...

Aldabra dixo...

a verdade é que quedo abraiada pola distinción, agradézocho de veras, sobor de todoo porque os outros blogues que están co meu parécenme de moita altura.

noraboa a todos.

deixareino no blog en canto teña un oquiño.

biquiños,

paideleo dixo...

Un premio ben merecido.

X dixo...

Feitos os deberes.
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2010/09/o-sr.html

Sun Iou Miou dixo...

Ai que desblogada ando, por favor. Descúlpeme o atraso en parabenizar e agradecer.

:)