venres, 4 de xuño de 2010

Blanche

A señorita Kaplan chamou despois de cear para contarme que nos informativos deran a noticia da morte dunha das raparigas de ouro, a serie que a ela nunca lle apetecía ver e que agora lle pesa non ter visto despois do que dixeron dela na televisión.
Nun tempo seguín a serie fielmente e con entusiasmo, supoño que como todo o mundo. Eu era máis da retranca de Dorothy e Sophia que da tolada picante de Blanche e o off-side de Rose (apesar de que esta última sempre me lembrou a Tere Holmes, coitada, co seu aquel de non matar unha mosca).
Dígolle á nena que non se preocupe, que xa veremos a serie cando veña, eses capítulos que teño enlatados e outros que ben darei baixado daquí ás vacacións, para que poida coñecer os ires e vires das catro na casa que compartían, entre batas de cetín con grandes ombreiras, peiteados a golpe de laca e ironía a moreas.
Tamén lle digo que ás veces se parecían bastante ás nosas tías O. e G., salvo, claro está, no de viviren en Florida.

7 comentarios:

peke dixo...

Pobre Blanche. Era tan vital...

Ra dixo...

Nooooooooo...

mariajesusparadela dixo...

Todas. Gustábanme todas.

X dixo...

Horrorrrrrr!

zeltia dixo...

jajaja as mozas de ouro! eran os tempos do auxe das comedias seriadas; había varias, curtas e de risas enlatadas que estorbaban bastante (as risas). Esta da que falas tí tiña os seus momentos, aínda me teño rido!

susana moo dixo...

Sí, boísimas. A Rose tiña un puntazo. Foi magnífico que unha meller na idade de ouro amosara a súa lixereza sexual. Toda una pionera de moitas que levamos rumbo de, chegado o momento, ser vellas verdes.

Chousa da Alcandra dixo...

Nunca mirei moito a serie, pero supoño debera facelo. Cando sexa vello verde tería unha liña a seguir...