domingo, 29 de novembro de 2009

Conspiración

Os que asoman a Ithaca saben que afrontar os dous catros non me encheu precisamente de entusiasmo, pero a cousa foi a máis: vivo nun perpetuo non aniversario porque aínda me felicitan os anos a estas alturas os que esqueceron a data pero saben que anda por aquí.
Tras Polis, a señorita Kaplan, que me deu o seu debuxo aínda a semana pasada; a ela, Teddy, que me agasallou hai poucos días cuns bulbos de xacinto que agora xermolan en vasos.
Onte mesmo, na caixa do correo había o edulcorado postal dunha previsora amiga (cachorriños de gato xunto a un pastel), e a tía G. envioume por meu pai unha botella de coñá carísimo coa recomendación de usala contra a gripe; tamén para ela non nacín por San Carlos senón por Santo Andrés.
Isto, que parece unha conspiración, a min empeza a terme un pouco queimado, ai!

3 comentarios:

paideleo dixo...

Pois eu penso que é bonito recibir agasallos e felicitacións anque veñan tarde.

Sun Iou Miou dixo...

Agora púxome nun dilema: non sei se lle desexar que teña moitas gripes (polo menos até acabar coa botella).

E non se preocupe polo 44, que de agora en diante, todo é para peor.
De nada. (`_^)

bueno dixo...

Só 44? Podia ser meu filho... Parabéns atrasados!