domingo, 30 de agosto de 2009

Poeta proletario do meu pobo

No trixésimo aniversario da morte de Celso Emilio, lemos un poema seu d' O soño sulagado:


A silandeira sombra sen consolo daquil que fun, decote vai comigo.
Lonxano amor, hedra que medra e medra
dentro de min subíndome amodiño.

Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
coma un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.

Fecunda sementeira o pasado,
espello meu, única vida viva,
todas as cousas morren e esmorecen
somente ti, lembranza, te eternizas.

Espello meu, no que me estou ollando:
ise que agora son xa non existe.
O tempo faise estatua na saudade
e eu morro de saudades cada intre.

4 comentarios:

X dixo...

Magnífica elección.

mariajesusparadela dixo...

Non hai moito falaba eu, sen coñecer este poema, de que pasamos a vida intentando ser alguén e, se o conseguimos, o resto pasámolo querendo volver a ser o "ninguén" que eramos de pequenos...
Preciosos versos, que me recordan a Machado e a Gerardo Diego, sendo tan distintos...

Tongzhi dixo...

Muito sentido!!!

Sun Iou Miou dixo...

"... dentro de min subíndome amodiño." Algo así vén sendo.