sábado, 29 de agosto de 2009

Petición


Acabo de enviar, baixo a forma dun comentario ao seu blog, unha petición ao señor Bragado, director dunha das principais editoriais galegas e en galego, aproveitando a moi boa noticia da aparición nas tendas da tradución galega do Bartleby.
Non foi unha ocorrencia repentina nin ao chou, nin tampouco é unha cousa imposible ou absurda, principalmente agora que por riba da nosa existencia revoan aves de diferentes formas e cores:


Benvinda a publicación en galego de obras internacionais de categoría, sen dúbida. Pero, señor Bragado, para cando as editoriais galegas acometerán a publicación de libros de repaso de verán para nenos?
Sen dúbida é algo moito menos ambicioso, pero concordará comigo en que axudará a formar persoas comprometidas coa nosa lingua.
Este ano xa foi, pero a ver se o que vén é posible non lle ter que explicar á miña filla de 9 anos por que, se todos falamos galego e no cole os seus libros están en galego, ela non ten libros na súa lingua para o Verán.
Un saúdo.
Agora, a confiar e esperar.

3 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Alá fun, para puxar con vostede, pero non atopei o seu comentario e apareceu outra entrada diferente, así, de sócato...

Sun Iou Miou dixo...

Cuestión difícil de explicar mantendo a serenidade, siseñor.

Tongzhi dixo...

Seria uma boa iniciativa!!!