domingo, 22 de febreiro de 2009

Eu xa asinei, e ti?


Poucos días atrás, un grupo de cidadáns, con Avelino Pousa Antelo e Margarita Ledo Andión á frente, constituíron a plataforma cívica Se resides, decides para conseguir que o voto sexa un "dereito de residencia, non de sangue", dando así resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercicio do dereito a voto, ao tempo que mingua, ou directamente nega, dereitos a colectivos que residen de forma permanente no país (mariñeiros, penados, inmigrantes)".
Por iso, berra alto e claro: Non votes por min, Arxentina! e logo asina aquí.

3 comentarios:

X dixo...

Eu tamén ;)

Vale, déixolle tempo para o da Sofía, non por nada, pero síntome na obriga tendo en conta que lle debo dous memes aínda.

Perry dixo...

¿Sofía la reina? ¿Sofía Bulgaria? ¿Filo-Sofía? Qué lío...
Yo no he podido censarme, así que esta vez votarán por mí, háganlo bien ;)

Sun Iou Miou dixo...

Paréceme ben. Sempre o pensei. Un non é de onde nace, senón de onde pace, disque.