domingo, 14 de decembro de 2008

Neve

Inesperadamente, Ithaca amenceu hoxe amortallada pola neve. Velaquí algunhas das fotos que tirei esta mañá na muralla. Balance da expedición: máis de cinco ducias de fotos, roupa a secar polos radiadores, e un descubrimento: teño que mercar unhas botas novas porque estas están furadas.

Praza Maior desde a Porta do Bispo Aguirre

Constitución e Ronda desde a Porta do Campo Castelo


Tellados da rúa de San Pedro

5 comentarios:

peke dixo...

Que sensación!!! Hai séculos que non vexo neve, desde que estaba en Ourense.

Sun Iou Miou dixo...

Que frío me entrou agora que entrara en calor, despois da molladura que apañei cando saín a pasear cos cans. Xa o dicía aquel: A onde vas sen paraugas!
E unha non aprende.

As fotos lindas, pero frías, sen metáforas.

Anonymous dixo...

A primeira, magnífica!

leticia dixo...

De postal. Unas fotos preciosas.

Una pena que la nieve tenga efectos negativos para aquellos que tienen que ganarse el pan en las carreteras (aunque la nieve no tiene la culpa, sino quién no la aparta de dónde puede causar peligro...en fin)

Por cierto...de "tú", sr Kaplan, por favor!! Que me basta (y me sobra) con que algún niño me llame señora por la calle con 26 años!! jejeje

Besos

mariajesusparadela dixo...

Pois, a min encántame eso de vostede: é como recuperar outros tempos. Fermosa neve. Aquí, non chegou. Teño que me conformar coa foto de outros anos...
Véñolle dalas gracias polos desexos de que cumpra moitos máis que deixou no meu blog.