martes, 26 de agosto de 2008

Oculista

Segunda visita ao oculista: dilátame a pupila, asómase impudicamente a ver que hai, mide, compara, comproba. Fala tan baixo que apenas son quen de entender o diagnóstico: afástase ao parecer o pesadelo da hipertensión ocular, do glaucoma, da cegueira que apagou os últimos anos dos meus avós.
Pero sigo a ter todas as papeletas, como me lembra o doutor, quen, tras louvarme unha vez máis a córnea e encherme o peto de lágrimas, me cita para unha nova revisión en tres meses.

8 comentarios:

Peke dixo...

Non me sexa aprensivo. Se o oculista di que todo vai ben é que todo vai ben.

Sun Iou Miou dixo...

As lágrimas artificias son moi socorridas. Non se corte e chore, xa que ten o pranto pago.

paideleo dixo...

Esperemos que non sexa nada.

Anonymous dixo...

Perdón: ¿qué plantilla de Blogger usa para su blog?.
Gracias

Noemí Pastor dixo...

Mientras no te haga daño la pantalla...
Mis mejores deseos.

willy dixo...

ollo cos ollos!

Anonymous dixo...

O fin colleu vacacións.... non sí?

:-B

Daniel

Raposo dixo...

Pois que vaia ben a cousa na próxima revisión.