luns, 3 de setembro de 2007

Penuria

 Veño até a Ciberalia, onde morro co frío baixo un esaxerado aire condicionado, tan só para contar aos meus preocupados amigos blogueiros que vou estando cada vez máis instalado no tobo recén estreado, que sobrevivín a aquela primeira noite que foi como durmir nunha catedral, entre o frío, a humidade e o eco, que pasei indemne aquelas primeiras noites de trevoadas góticas sen que o faroliño sentinela da miña luz deixase de proclamar que xa había xente a vivir no predio inhóspito.
A estas alturas, dez días despois da mudanza, algunhas outras luces acompañan a miña e outras pegadas borran as marcas dos meus pasos sobre o pó de cal que cobre as escaleiras, e non hai día que unha furgoneta non descargue mobiliario na rúa, ou que un non atope operarios instalando contadores, retocando paredes ou subindo mamparas de ducha.
Para tranquilidade de todos, anuncio que teño auga desde o serán do primeiro día, e auga quente desde hai unha semana, pero aínda así a penuria dura: o ascensor só funciona (baixo corda, advertíronnos) Martes e Mércores; antes de fin de Setembro non terei teléfono (nin internet: o pior de todo); e polo momento non hai pistas sobre cando nos serán entregues os mandos para abrir o garaxe con máis comodidade e dignidade do que até agora.
A pose de Atlas a puxar arriba o pesado portón non só non me favorece nada senón que me fai temer unha hernia nalgún lugar, coñecido ou non, do meu corpo.

8 comentarios:

X dixo...

O da auga é tranquilizante, xa sabe, por aquilo da saúde pública e esas cousas.
Ascensor dous días á semana, váisenos poñer tipo fino :D
Fin de setembro??? Veña, veña, o que ten que facer é chegar antes ao cíber para pillar mellor sitio.
E non force o corpo que á súa idade... xa se sabe non conveñen os excesos :D
Agardaremos que pase axiña setembro.
Saúdos.
PD: Vaille quedando bonito o novo tobo?

peke dixo...

Xa o dixo case todo X. :)
Só lembrarlle (que xa ten experiencia en mudanzas) que esas penurias se esquecen cando todo xa todo está en orde. Moitos ánimos e paciencia!

Mrs.Doyle dixo...

PACIENCIA

gatina dixo...

Vaya si se olvidan, la ilusioón de comenzar una nueva etapa borra cualquier tipo de incomodidad. (Lo dice una que odia las mudanzas, que ya van 4 o 5 en algo así como 3 años!) Pero a cambio, voy descubriendo mi faceta casera y mi gusto por la decoración, que creía inexistentes.

Mucha suerte con la nueva casa, que en breve se convertirá, sin duda, en hogar.

paideleo dixo...

Hai que levalo con paciencia.
E hai que mirarlle o lado bo: mira cantas historias vas ter para contarlle aos teus netos !.

Morgana dixo...

¿Qué sucede con vd.? es como si se lo hubiese tragado la casa... :D
Feliz comienzo y que sea feliz la inauguración.

peke dixo...

Para cando internet na casa? Bótaselle de menos, Kaplan. :)

Fada Branca dixo...

Como se diria paciencia nos lle queda outra meu Robinson, nos lle queda outra mais que paciencia, Se quere eu invitoo a pasar unha tempada no berce das fadas