martes, 17 de xullo de 2007

Oposicións


En resposta á miña mensaxe de móbil, Tere Holmes chama nun mar de lágrimas: por fin o conseguiu, pero está tan afectada que himpa, chora e repite varias veces que isto lle vai cambiar a vida. Doulle unha vez máis os parabéns e colgo para que poida seguir chamando a todo o mundo, contarlles que vén para aquí, que a mala racha terminou, que se acabaron os destinos na periferia de Madrid, de aquí para aló coma unha correspondente de guerra.

Adeus Paracuellos e Guadarrama, adeus Boadilla e Brunete: Tere Holmes volve á retagarda.

5 comentarios:

X dixo...

Estupendo :-)

Peke dixo...

Parabéns para ela, aínda que chore. ;)

Lúa dixo...

lzxjfchora de ledicia, eses son os millores choros ei?

Pájaro Azul dixo...

Tere vuelve a casa? ¿Quizás a Ithaca? ¿A la nueva Casa?

peke dixo...

Téñolle un meme na miña casa por se lle comprace facelo. A min praceríame, pero vostede verá. :)