luns, 18 de xuño de 2007

Mancha 2

A mancha australiana do meu teito transformouse nun gris e húmido continente africano (sen Madagascar) que avanza polo Norte en dirección á lámpada.
Á aprensión desta noite sucederon os contactos e as negociacións que están a converter o meu cuarto non sei moi ben se nun museo se nunha capela ardente; até agora, por aquí pasaron xa os viciños do quinto B (os donos) e os do quinto C (os colaterais), a presidenta da comunidade, a dona da casa, dous fontaneiros, e até a Pepiño Blanco, supoño que para levantar acta, co cadelo no colo.
Diagnóstico: unha fenda no piso da terraza que a ninguén prexudica salvo a min. Mañá virá o perito do seguro.
Tamén é mala sorte: despois de case dous anos vaise abrir esta fenda precisamente cando só me restan unhas poucas semanas de vivir aquí.

5 comentarios:

sen_identidade dixo...

¡Meu Deus! ¡xa aparece no Google Earth¡ Pós no buscador "Tobo provisional" de Robinson en Ithaca e......
Uffffffffff.

Kaplan dixo...

vostede ría, pero a cousa segue :-(

sen_identidade dixo...

Meu, ten vostede toda a seriedade que a súa prosa me inspira.
Non amolarei; e sorte.

peke dixo...

Veña, ánimo; que se apañe o dono con esa lea...

Morgana dixo...

Querido Kaplan: su casa se va pareciendo a un atlas,pero Peke tiene razón: se que apañe el dueño, y usted tranquilo, que ese tobo es provisional...