luns, 14 de maio de 2007

Intimidade

 Despois do incidente do coro, e aínda que canso de vagar pola tarde desalmada que agoiraba mudanza meteorolóxica, sen embargo non estaba polo labor de volver para a casa; para que a tarde non fose perdida, aínda tirei algunhas fotos arredor da Catedral, pero resistín o impulso de telefonar a Teddy (de quen falarei un destes dias) porque tampouco daba sinais de vida.
Quen si telefonou foi Polis, que me argalla un serán caseiro e eurovisivo con el e con Encantador, e do que esta vez non me é posíbel escapar. E así adentreime na intimidade daquela casa cuxa reconstrución seguín paso a paso non hai moito pero sen vela nunca completa.
Agora parece estalo: apenas unhas poucas cousas máis na repisa sobre a pía, dous pares de chinelas a pisaren a tarima, dous albornoces idénticos colgados tras a porta do baño, e a voz profunda dun home que desde a cociña pregunta suavemente que pratos poñer a outro que, sentado sobre a mesa de wengué onde brillan tres copas de viño, me dá conversación mentres se asa a cea na cociña.
A vida corre; o resto é melancolia.

7 comentarios:

X dixo...

Teddy?
ummm
osiño?
osazo?
superoso?
vale, vale... agardaremos.

peke dixo...

A melancolía, ás veces, é boa compañeira.

Anonymous dixo...

No se me ponga triste, por favor: la felicidad de otros también es nuestra propia felicidad. ;)

Anonymous dixo...

Morgana es quien firma el anterior

X dixo...

Unha vez máis, disinto Morgana :)

gatina dixo...

A felicidade de outros é a sua felicidade. Aínda que queramos que eles sean felices, non sempre é a nosa felicidade.

bueno dixo...

que vergonha, nunca mais vim visitar... mesmo assim, peco desculpas. sou um infiel imbecil