xoves, 31 de maio de 2007

De baixa


As maniotas non eran outra cousa que heraldos da gripe: levo catro días encerrado, os dous primeiros practicamente sen me erguer da cama, ateigándome de antibióticos e paracetamol, e cun humor baixo cero que pareceu mellorar hoxe cando me vestín para ir pedir a alta.
Non ma deron, como supuña: desapareceron a febre e o malestar, pero case tamén a voz.
Laméntome na consulta de que ao seren as baixas de cinco en cinco días non me mandarán substituto; a médica, mentres me visto, respóndeme un pouco friamente que do que ela entende é de medicina, non de burocracia.

4 comentarios:

X dixo...

Sendo así aínda lle valoro dobremente o seu post.
Visto o visto non eran maniotas, pero imaxino que ao mellor algún frío collería :D
Cóidese e non tema, que lle han de agradecer moito os rapaces a súa falta sen substituto, e non é que dubide da estima en que o teñen pero un par de horas libres...

gatina dixo...

Non sei coma serán as suas clases, pero eu algunhas preferiría non telas, claro é que outras, oxalá non terminasen nunca...

peke dixo...

Cóidesenos, ande, e escriba máis. :)

X dixo...

Está visto que Peke sempre ten razón :D
Por certo, e por experiencia propia, as amigdalites reiteradas que me acompañaron durante anos desapareceron ao mesmo tempo que un dos meus máis queridos vicios :(