domingo, 4 de marzo de 2007

Porta Falsa

Da visita onte a unha tenda de mobiliário do Pacífico traio comigo tres cousas:

Unha información: a butaca de coiro negro que me interesa custa 411 euros, e por agora terá que esperar.

Un desengano: fuxir dunha tarde gris de Sábado metendo-se nun lugar ateigado de noivos e recén casados a escolleren ambientes coloniais para o salón non é unha boa idea.

Unha invitación: hoxe sen falta pasarei a tomar café na casa de Polis, con el e o seu amigo, a quen me presenta entre a zona das alfombras e a dos comedores de Índias.

7 comentarios:

X dixo...

Non soporto a zona das alfombras, non fai máis que proerme o nariz.
A este aínda non lle temos nome?
:)

X dixo...

Gústame a foto.

gatina dixo...

Tou con X, a foto é preciosa. E a idea de pasar a tarde entre namorados, onde quera que sexa é deprimente... sobre todo se un deles é,foi ou queres que sexa o teu.

Mrs.Doyle dixo...

Un síntese raro cando está rodeado por namorados e non o está ou o está mais non é correspondido...

alfama dixo...

Pois, non o teño tan claro... Se cadra é cuestión de agardar, como pola butaca de coiro negro... Se cadra, é cuestión de cambiar o título das tres cousas. Mantendo os parágrafos penso que o máis axeitado podería ser: un desengano, unha invitación, unha información. A súa ollada é o que conta.

Peke dixo...

E non pode mercar a prazos a butaca de coiro que lle interesa?

gatina dixo...

A butaca o mellor pódese mercar a prazos, pero hai cousas que non poden comprase.