xoves, 8 de febreiro de 2007

Mentiroso


Sen desculparse e coa soberba e modos de sempre, o personaxe da melena de mosqueteiro, aquel que se sorrí parece Charlot e Hitler se se pon serio, recoñece agora que no Irak non había armas de destrución masiva.
Pero antes de entrar nun dos seus estúpidos xogos de palabras, metáfora taurina incluída, este señor afirma tamén que todo o mundo pensaba que as había.
E aí volve mentir, como costuma: acaso hai catro anos, e durante meses, miles de persoas non saímos unha e outra vez ás rúas por facerlle entender a falta de motivos para unha guerra ilegal en que nos quixo meter por dar gusto aos seus amigotes?

2 comentarios:

X dixo...

Desde que souben das declaracións non deixo de preguntarme a que obedecen. Por que agora?
Espero que non sexa verdade iso da volta.
Saúdos.

Arín dixo...

O dito di que se colle antes a un mentiroso que a un coxo. Velaí a demostración... E ainda máis chulo que un oito!