venres, 9 de febreiro de 2007

Auséncias

Non puido ser. A viciña clónica sai a pasear o cadeliño vestido cun abrigo de cadros escoceses e pára-me intrigada: quere saber como lle vai á Blu, agora que non a sente ganir con desespero durante as mañás.
Repito-lle a floreada história que empecei a contar hai dias aos outros viciños, cando a cadela deu en laiar-se cada vez que eu marchava para o traballo e facia acordar antes de tempo as colombianas de Patrick Suskind, e encollia o corazón do matrimónio de abaixo, e poñia en pé de guerra o can escocés que agora mira para min con ollos desorbitados.
Non é certo que a Blu volvese co seu amo, que se fora seguramente de viaxe e talvez regresou un dia destes á sua casa no campo, esa en cuxo xardin pode unha cadela coma esta correr até perder o alento, cozar co pelello mollado contra as árvores e desabafar a impaciéncia pola falta do amo perseguindo os gatos e os esquios.
Tampouco é certo que vaia volver á estreiteza desta vivenda, dos horários e auséncias ás que nunca se deu afeito.
Por consello do veterinário, a pobre Blu volveu á protectora, a soñar outra vez o seu destino, unha casa no campo e unha família que nunca máis a deixará soíña.

9 comentarios:

X dixo...

E agora?

Kaplan dixo...

agora, nada...

La queue bleue dixo...

Como por conselho do veterinário? Nom entendo.

gatina dixo...

As veces o que mais convén non é o mellor. Os meus mellores desexos para Blú.

A Raíña Vermella dixo...

Ás veces os mais grandes amores osn imposibles. Hónrate saber cando é mellor deixar marchar ao ser amado. Hai quen non é capaz de facelo nin cun can, para canto mais coas persoas.

Mrs.Doyle dixo...

Ese si que é un acto de amor.

peke dixo...

Pobretes os dous. :)

D. Rambaut dixo...

¡Que! ¡Seguemos sen estercar a finca ¿non sí?
Daniel

alfama dixo...

pero a ausencia era a de blu? ou había máis??