luns, 15 de xaneiro de 2007

Seis

Como estou ocioso, cópio do livro de inglés un cuestionário deses; xa digo desde agora que espero respondan a el, principalmente, as señoras Tere Holmes, Doyle , X e Raíña Vermella, tamén Tong-zhi e Neofisiologus. Comecemos coa introspección:

1. Cal é a pior cousa que nunca compraches? Unha bicicleta estática que no dormitório pronto se converteu nun estraño roupeiro, logo na privilexiada atalaia desde a que a gata Sofia velava os meus sonos, leituras e coitos, e por último na falsa monea: dei-lla á miña irmá, que lla deu á filla, que tampouco a usa.

2. Cal é o lugar máis caro en que nunca estiveches? Nunha modesta suite do Sheraton Lisboa hai máis de 15 anos por compracer a miña moza daquela altura, que se negou a ir a unha pensión cutre pero económica. Como non atopamos nengun cuarto a aquelas horas e naquela ponte da Imaculada, acabamos pagando 30.000 escudos de entón por unha soa noite. Iso si, havia parabólica e prensa no cuarto, e a cama era como un campo de fútbol.

3. Cal é a cousa máis perigosa que fixeches? Seguramente, comer do que Mambru cociñava para os dous cando compartíamos piso no Delfos dos verdes anos. Como non hai mal que por ben non veña, grazas a aquela infeliz experiéncia gastronómica entendin o que me cumpria aprender a cociñar.

4. Cal é o maior error que nunca cometiches? Non ter solicitado aos 24 anos un leitorado vacante en Pequin, e por contra preparar as oposicións da secundária.

5. Cal é a cousa máis valiosa que perdiches? A alianza, ás poucas semanas de casar; o máis inexplicável mistério desde o asasinato de Kennedy segue envolvendo aquela desaparición que, cos anos, acabou por converter-se en toda unha premonición.

6. Cal é a máis terrorífica experiéncia que tiveches? Várias, todas relacionadas coas alturas, porque ainda que teño vertixe teimo estupidamente en imitar os gatos, e logo non dou baixado sen axuda nen pánico.

10 comentarios:

peke dixo...

Por certo, xa adoptou a Blu?

A Raíña Vermella dixo...

1. Cal é a pior cousa que nunca compraches? Algunhas pezas de roupa que non me pegan nada e que ao final nunca puxen, pero que por algunha razón non devolvín. Supoño que deriva de que tiña unha autoimaxe confusa de min mesma, porque agora xa case non me pasa. Pero eses erros, aínda que pequenos, deixábanme unha estraña sensación de culpabilidade...
2. Cal é o lugar máis caro en que nunca estiveches? Nunha cafetería de París, ao pé mesmo de Notre-Dame, na que, ademáis de cobrarme unha indecencia polo café, cobráronme por usar o aseo, cousa que me pareceu moi pouco elegante para un sitio tan fino.
3. Cal é a cousa máis perigosa que fixeches? Non son moi dada ás cousas perigosas, pero creo que pasar a noite na rúa, nunha zona bastante chunga de Vigo, porque o meu bus non saía ata pola mañá e non tiña xeito de voltar á casa
4. Cal é o maior error que nunca cometiches? Deixar de tocar a diario, porque despóis éntralle a unha pereza, perdes man, e ao final tes que volver a comezar case de cero, que é no punto no que estou agora.
5. Cal é a cousa máis valiosa que perdiches? A carteira con TODO dentro varias veces, e sorprendentemente sempre me foi devolta íntegra, incluídos os cartos, por descoñecidos.
6. Cal é a máis terrorífica experiéncia que tiveches? O visionado de "A Illa" do noso querido Kim Ki Du, que se lle perdoa todo porque despóis regalounos momentos memorables, pero resulta que A Illa tocaba varias das miñas fobias máis profundas, entre elas o peixe, sobre todo cru. A "Eraserhead", do meu moi admirado David Lynch, tamén lle chegou ben.

Xa ves que son obediente e aplicada;) Agora gustaríame saber por qué particularmente eu, se non é moito preguntar. Engado que me encantan estas cousas, e que contestarei gustosa a cantos memes teñas a ben propoñerme. Sempre é un placer visitar Ítaca.

Tongzhi dixo...

Não me importo de responder mas podias escrever as perguntas em português? É que logo na primeira não tenho a certeza de ter percebido bem

X dixo...

É difícil mais mirarei de cubrilo en canto poida.

Mrs.Doyle dixo...

Responderei, mais non sei cando...
É un honor poder entrar de novo no seu blog.

Lúa dixo...

...ta curioso...besines!!!

X dixo...

Xa lle respondín no meu blog.

Anonymous dixo...

:)

X dixo...

Tan ocioso está que nin sequera escribe no blog?

Mrs.Doyle dixo...

1. Non sei... non recordo ningunha.
2. Ceando nunha supermansión ás aforas de Dublín. A casa duns familiares dunha compañeira de clase que me convidaron a cear. A casa era impresionante e o comedor tiña capacidade para cen persoas... e a conversa... viaxes e casas en algúns lugares do mundo, amizades ricas e famosas,...
3. Un affaire nun museo...
4. Perder a cabeza por quen non o merecía.
5. Non era unha cousa. Ao meu avó (ou abó?)
6. Ten que ver con perder a cabeza por quen non o merecía...