martes, 9 de xaneiro de 2007

Pasen


Unha neura e a puta paranoia de ver-me novamente descoberto fixeron que durante uns dias o local estivese fechado; a falta de delicadeza de Blogger con esa léria dos invitados empiorou as cousas.
Aclarado o asunto, agora pasen por favor e tomen algo, que a casa invita.

19 comentarios:

X dixo...

Unha cabreiroá para comezar, non teño présa.

d. Rambaut dixo...

:-))
Daniel

paideleo dixo...

Como miro que hai sitio nese bar tan xeitoso tamén entro eu e prefiro unha cervexa ou un café.

Arin dixo...

Por fin volveu e a illa está de novo aberta. Infinitas grazas!

alfama dixo...

pois non debe ser nada fácil sentirse
axexado...mais, que saiba por esta banda, que é duro quedar no peirao sen billete para Ithaca... Grazas a Hooper e a vostede, claro está!

Raposo dixo...

Pois eu tomarei un Habana 7 con Coca-Cola. Grazas.

Anonymous dixo...

Pensara que pechara a Tasca ¡¡¡ Como moito pode pechala para um "recover". Máis non se pecha así un establecemento desta categoría. Vaia pasar uns días a un SPA, páselo susto, e despois volte revigorado.
Bicos
pd:

Anonymous dixo...

¿por que me sairon dous post?

opaco dixo...

Para min, un caciquecola :D

leco dixo...

Teño este cadro de Hopper como fondo de escritorio desde hai polo menos dous anos e sempre me sorprende, para min que mudan os clientes de día en día, que ás veces está baleiro, que ás veces hai alguén a limpar... e sempre volto a el porque me encanta o cheiro do café que sae á mañanciña cando me deito algunha vez.
Mais a estas horas, un ron de Caldas sen xeo e cola aparte sen vaso, por favor.

X dixo...

Visto que van pasando as horas, hoxe un cafetiño con leite clariño con sacarina que quedei durmida :(

peke dixo...

Non me deixaba entrar porque dicía que non fora invitada! Xúrolle, Kaplan, que me sentín ofendida durante uns minutos. Aclarado o asunto respiro tranquila.

X dixo...

Pois xa postos, un Wyborowa moi frío.

Morgana dixo...

Stolichnaya con limón, please, y unos anacardos ya que insiste.

leco dixo...

Que é un Wyborowa?

leco dixo...

Opaco, sabía que ao seu combinado había quen o chamaba "cacharro pardo?

Tongzhi dixo...

Já estava a pensar que tinha sido excluído do rol dos amigos!
Estás perdoado!
Para beber.... Que tal um Porto?
Abraço

X dixo...

Leco é un vodka.

opaco dixo...

leco, podo imaxinar o motivo :-D