sábado, 23 de decembro de 2006

Vacacións


Talvez sexa mellor asi, que como sempre a lotaria non tocase e non ter que romper a cabeza con xuros, marcas de coches ou a compra doutra casa cando ainda non me entregaron a que comprei; en fin, temos saúde, sobretodo hoxe, unha vez reposto da terrível cea de antonte e o seu ronsel de sono e licor café.
Pola mañá fixeron-nos madrugar para darmos as vacacións e asistir a outro lamentável festival en que as nosas alunas fixeron saltar en pedazos os valores de igualdade e non sexismo que se supón devemos inculcar nas aulas. Non houvo un só rapaz que actuase, e elas, émulas da pior programación televisiva, bailaron furiosamente (algunhas) exibindo baixo as mallas unha carnalidade de lolitas que o escenário cutre descafeinou, por fortuna.
Carca e incomprendido, volvin para o tobo a xantar calquer cousa e a dormir unha sesta prolongada.

3 comentarios:

X dixo...

Carca?
:)

Anonymous dixo...

Así vai o mundo...

Indígname moito ver este tipo de comportamentos, logo se fala de outras culturas...
Polo meu traballo, teño contacto con moitas culturas e non vin en ningures algo semellante. Nunca vin fora de España que a xente nova adoptara un comportamento tan sexista e menos que alguén se poida sentir orgulloso...

Con esas e outras cousas me explico o que contaba nun post hai uns días...

Mrs.Doyle

paideleo dixo...

Boas festas.