domingo, 19 de novembro de 2006

O inverno sobre Ithaca


Un pouco ao xeito da Rayuela de Cortázar, esta blog é sobretodo tres blogues: a primeira nasceu hai tres anos, como cariñosamente lembra X, e en tempos duros. Desorientado e atónito, naquela primeira bitácora procurei o fio para saír do labirinto, pero foi fragmentária e tatexante; máis de un ano despois abrin en Blogger outra co mesmo título, O inverno sobre Ithaca, e a ela incorporei os vellos post tatexantes e fragmentários da sua pre-história.
Os meses mudaron-lle o nome, pero 398 posts, tres migracións, duas casas e dous ordenadores máis tarde, a intención segue a ser a mesma: é o espello en que me miro e me recoñezo, o manual de instrucións para manexar-me, o retrato dos que me importan, o inventário das miñas neuras, erros e alegrias, o livro de visitas de amigos que non coñezo pero que manteñen a esta crónica unha fidelidade comovedora, o recanto en que uns poucos gostan de axexar non sei ben por que a banalidade dunha vida bastante mediocre.

8 comentarios:

Arin dixo...

Eu sigo esta sua vida mediocre desde o inverno sobre itaca, e non teño pensado deixar de fisgar :)

i.a. dixo...

tamém é um espelho em que outros nos olhamos e reconhecemos, sequer parcialmente, porque ás vezes serve de ajuda ver como outras persoas defrontam o quotidiano; ademais, gosto de como conta as suas cousinhas, independentemente de que despois manifeste ou nom a minha presença ;)

leco dixo...

Parabéns por todos eses aniversarios. Co mediocre, ou máis ben diria eu co cotián, lévanse feito moitas boas novelas cando se lles engade unha man que escribe ben.

Torreira dixo...

Parabens...da gosto chegar por primeira vez e ver que hai festa nesta casa

X dixo...

Celebro a súa constancia en manter esa intención inicial. Saúdos cordiais.

Tongzhi dixo...

"migrar" podes. Acabar é que nem pensar :) Eu também já te acompanho há tempos e, embora por vezes tenha dificuldade em perceber a língua, lá vou percebendo mais um bocado.
Abraço

tere holmes dixo...

¡Ti que vas ter manual de instrucións! Alégrome que non volveras migrar. Bicos

D. Rambaut dixo...

A túa escrita amosa máis ben unha primaveira, ainda que con algunha xeada de cando en vez. Unha apertísima.
Daniel