xoves, 21 de setembro de 2006

Gordon

Gordon, o temporal, parece a estas alturas un brozas que non ten meia hóstia.
E eu esta mañá acabo de erguer-me emprendedor e feliz porque a señora conselleira ordenou suspender as aulas por culpa de Gordon. O sorprendente do caso é que as aulas ainda non empezaron, pero a alegria é a mesma.
En canto acabe o café con leite e me duche porei-me coas mazás.
O que non atopo por nengun sítio é aquel número de móbil.

6 comentarios:

Arin dixo...

Tampouco se notou Gordon por aquí. E iso de non haber clases tampouco o entendín.

Anonymous dixo...

:-)

Laurindinha dixo...

Gordon pilloume durmindo, e iso que lle tiña ganas :D Prepare as mazás e chame a Zara, por favor...

X dixo...

Setembro, outono, volta a completar círculos, capítulos pendentes

Lúa dixo...

hehe, pois a meu pai volcoulle o coche segun me dixo....
Apertas

Morgana dixo...

Bueno, y la tarta qué...